Tareixa Ledo Regal

Tareixa Ledo Regal

Contacto:
Teléfono
639 20 36 69
Correo obradoirosdoreencontro@gmail.com
Web: reencontrogaliza.wordpress.com

Desde o ano 2009 e ata hoxe, facilito obradoiros de Terapia do Reencontro, ás veces convocados por min e ás veces por petición de concellos, CIMs ou asociacións diversas. Ofrezo tamén acompañamento individual e de parellas en Compostela e en Ponte Caldelas (Pontevedra) onde resido.

Para min está sendo un regalo poder acompañar o crecemento de persoas empeñadas nunha vida feliz e de Botrato. Eu tamén me sinto nese mesmo empeño… Unha muller en camiño, habitada polo desexo de emancipación. Unha muller feminista que soña con eses outros mundos posibles e quere contribuír a que se vaian facendo realidade na sociedade, nas relacións e tamén na intimidade do fogar e da cama. Unha muller basicamente en paz e feliz, que está aprendendo a gozar e a compartir toda esa abundancia regalada.

Cóntoche algo de min… Nacín na vila de Chantada (Lugo) no verán de 1961. Aos cinco anos marchei vivir á banlieu parisiense, onde me criei ata os 17 anos. Licencieime en Ciencias Políticas e Socioloxía en Euskadi (Universidade de Deusto, 1985) e posteriormente, levada por unha forte atracción pola aldea, decidín asentarme en Romaríz (Abadín – Lugo) onde vivín durante 15 anos. A miña dedicación profesional centrouse daquela no traballo comunitario coa xente labrega, que máis adiante compaxinei co traballo con familias desestruturadas (Fundación Meniños, 1994-2001).

A convivencia intermitente coa xente q´eqchí de Altaverapaz (Guatemala) remitiume ao sentido fondo da existencia e a unha espiritualidade da vida e da terra; levándome a cursar o III Seminario de Acompañamento Espiritual en Salamanca (1998-1999).

Desde o ano 2002, desenvolvín a miña actividade profesional no Sindicato Labrego Galego en tarefas de formación e organización interna. E, co obxectivo de dispoñer de máis ferramentas, decidín formarme máis adiante en Estudos de Xénero (Universidade de Vigo, Posgrao 2008), e en Terapia do Reencontro (Universidade de Alcalá de Henares, 2008-2009).
Despois de experimentar a Terapia de Reencontro como algo transformador, decido formarme nesa metodoloxía como profesional (2010-2012).

Posteriormente, participo no grupo de Formación Continuada e Supervisión (2012-2018), e máis adiante entro a formar parte do Equipo de Formación do Instituto de Terapia de Reencontro (2021-2023).

Para saber máis de min, podes entrar en reencontrogaliza.wordpress.com

Lara Barros Alfaro

Lara Barros Alfaro

Montserrat Buxán Bran

Montserrat Buxán Bran

Noelia Darriba García

Noelia Darriba García

Berta Vega Villaamil

Berta Vega Villaamil

Olalla Villaronga Seoane

Olalla Villaronga Seoane