16 Xul Retiro Maternando(nós)
Publicado ás 12:00h
en Eventos
“Un espazo de pracer para compartirnos desde a experiencia de ser nais…” para o 12, 13 e 14 de setembro na Serra do Courel.
Esta é a invitación que nos fan Rakel Rodriguez, Natalia Carrillo, Paula Carrera e María maio Rosendo, algunhas moi queridas e participantes en espazos de Terapia do Reencontro.
En palabras delas:
“Este retiro é para ti se es nai e queres coñecer, tecer rede e compartir un espazo seguro con outras nais… se queres resignificar a maternidade dende un lugar humano e auténtico… se cres na vulnerabilidade como un estado de posibilidade e expansión… se a maternidade é para ti unha vivencia vencellada ao crecemento persoal, á busca da autenticidade e ao tecido colectivo… se queres ter un espazo de calma, pracer, nutrición consciente e desfrute… se sentes que che agradaría (re)conectar co teu lado creativo, artístico…”
Que proposta máis fermosa! Parabéns, compañeiras!!!
Se queres informarte ou apuntarte, podes facer clic aquí: