12 Set Respirando Bolboretas
De novo traemos por aquí unha recomendación da nosa admirada Nazaret Castellanos.
Por unha banda, o seu último libro El puente dónde habitan las mariposas. Biosofía da respiración, e, pola outra, a súa participación no podcast de Álex Fidalgo Lo que tú digas: https://youtu.be/vp_SumSXj24?feature=shared
O podcast é unha entrevista a Nazaret que nos achega a coñecela mellor, no que presenta o seu libro e ofrece algúns recursos moi interesante para entender como funcionan os bucles mentais, como axudarnos a durmir mellor e por que a respiración é tan importante.
Unha idea clave que nos transmite, coa que estamos moi dacordo, xa que é unha base fundamental do noso traballo, é a idea de canto sufrimento teriamos aliviado se desde pequenas nos ensinaran a respirar. Aproveitamos estas recomendacións para contarvos que desde a Terapia do Reencontro a respiración e a colocación do noso corpo é fundamental para habitar o mundo e bentratarnos.
A respiración é fundamental, se non respiras, morres. Pero máis alá da vida, está directamente conectada coas emocións. A respiración cambia en función de como me estou sentindo. É un proceso inconsciente, non sería posible estar constantemente pendente de como respiramos, pero, se aprendemos a facernos conscientes por momentos, a ir ao corpo cando precisamos sosternos, saberemos xestionar moito mellor as nosas emocións.
Moitos malestares e sintomatoloxías están relacionados coa forma que temos de respirar. Se eu non respiro por unha parte do meu corpo a bloqueo, é normal entón que á larga teña problemas aí. Un corpo tensionado, apertado, respira con moita dificultade. Actualmente vivimos nunha sociedade na que todo vai moi rápido, con moito estrés, ansiedade, tensión… e todo isto vai ao noso corpo.
Podemos sandarmos a través da respiración: levala conscientemente a lugares do corpo onde sentimos tensión, física ou emocional, respirar neles, e, pouco a pouco, axudar a desfacela.
As palabras de Nazaret Castellanos axúdannos a comprender os mecanismos que fan posible todo isto. Agradecemos moito todo o seu traballo!