Presentación pública da TRG

Temos o pracer de facer público este espazo que viñemos creando a lume lento e con moito coidado. 

Na nosa terra todo nacemento merece unha festiña, por iso celebrarémolo o vindeiro venres 27 de outubro ás 19:00 na Librería Lila de Lilith de Compostela.

Ademais contaremos coa intervención de Fina Sanz – psicoterapeuta, pedagoga e sexóloga creadora da Terapia do Reencontro e Persoa de Honra da Asociación- que presentará o seu último libro “La pareja, un proyecto de amor”.