29 Dec Prendidísima no Arte de Acompañar
Publicado ás 11:50h
en Recomendacións
Para finalizar este ano 2025, colgamos este capítulo do podcast guiado por Mai Ínsua: Prendidísimas.
Nesta ocasión, a protagonista é a nosa compañeira Berta Vega, e entre as dúas van tecendo ideas sobre o facer terapéutico de acompañar nos procesos de vida.
Podemos aquí escoitar a dúas terapeutas falar de como é acompañar desde o botrato, desde onde acompañan, que sucede nun proceso, como se coidan, que cousas son importantes, que foron aprendendo que hoxe lles axuda e que pasa do outro lado, que lles pasa a elas cando acompañan, cando algo lles toca…
Non o perdades!