a) Constituírnos en colectivo de profesionais da Terapia do Reencontro, indistintamente do ámbito laboral no que esteamos exercendo: tanto na intervención socio-comunitaria facilitando espazos grupais (obradoiros) ou espazos de acompañamento individuais e de parella, como noutros campos, por exemplo o académico, o sanitario…
b) Apoiar o noso crecemento persoal e profesional desde o Botrato, concepto e práctica central na Terapia do Reencontro, construíndo un espazo seguro e de escoita para o noso apoio mutuo e intercambio profesional
c) Favorecer a nosa coordinación como profesionais para proxectos, investigacións e tarefas diversas relacionadas coa nosa profesión
d) Acadar visibilidade e recoñecemento para a Terapia do Reencontro e as persoas profesionais que traballamos desde esta perspectiva metodolóxica en todo o territorio galego
e) Ter voz e presenza pública desde unha perspectiva metodolóxica diferenciada baseada no Botrato en todas as súas dimensións: na persoal, na relacional e na social
f) Xerar iniciativas sociais para construír relacións de igualdade e de Botrato a nivel social; o que na Terapia do Reencontro denominamos “Proxectos de amor”.
g) Establecer relacións de igualdade, colaboración e alianzas con outras asociacións, colectivos e entidades diversas do noso territorio que busquen obxectivos semellantes aos da nosa asociación