Olalla Villaronga Seoane

Olalla Villaronga Seoane

Contacto: ovillarongas@cop.es

A Terapia do Reencontro chegou a min a través da participación nun Obradoiro de Autocoñecemento para o Cambio. Intereseime pola visión integral que ofrece da persoa non só no teórico senón tamén a través dunha metodoloxía propia, concibindo o desenvolvemento humano dende o individual, o social, o espiritual e o comunitario. Alén disto, puiden ver que se fundamenta nunha visión crítica da sociedade pretendendo construír modos de relación máis igualitarios da persoa consigo mesma, coas outras persoas e co mundo. E finalmente o “ser natureza”, o vínculo da persoa co universo como unha forma máis de vida que debe recuperar o seu lugar como ser integrante, e non como ser dominante. Por todo isto, a Terapia do Reencontro permitiume o reencontro coa Psicoloxía, ofrecéndome un lugar coherente dende onde asentar a miña práctica profesional máis tamén, dende onde estar, pensar e sentir o mundo que nos rodea.

O meu labor profesional percorre diferentes ámbitos do terceiro sector ao longo de máis de vinte anos. Dende a investigación social, a participación, a cooperación, a saúde comunitaria e actualmente, encóntrome traballando no ámbito da saúde mental e a diversidade. O nexo común da miña práctica é o acompañamento de procesos de cambio e de desenvolvemento individuais e colectivos, coa ilusión de contribuír nalgunha medida a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

A día de hoxe, interésanme os procesos participativos coidadosos coas persoas e a contorna na que vivimos e síntome na busca e na creación de oportunidades e alternativas de vida en comunidade. A relación coas orixes sociais e culturais, aquelo que cambia e aquelo que permanece, aquelo que amamos e aquelo que rexeitamos. A desvinculación coa Vida, a relación cos seres vivos e os seres inertes, o mundo natural e o mundo artificial.. todas estas son cuestións que sinto van marcando o meu camiño actual sen rumbo fixo e sen porto de chegada.

Lara Barros Alfaro

Lara Barros Alfaro

Montserrat Buxán Bran

Montserrat Buxán Bran

Noelia Darriba García

Noelia Darriba García

Tareixa Ledo Regal

Tareixa Ledo Regal

Berta Vega Villaamil

Berta Vega Villaamil