Obradoiro Vínculos Afectivos Para Relacións de Bo Trato

Durante os meses de abril e maio terá lugar en Vigo un obradoiro teórico – vivencial sobre Vínculos Afectivos para ter Relacións de Botrato.

O espazo estará facilitado pola compañeira Montserrat Buxán, que así nolo presenta:

<<Unha proposta para mulleres e homes que desexan reflexionar sobre a maneira na que constrúen os seus afectos nas súas vidas e como construímos o concepto de vínculo amoroso. Un obradoiro que dá pistas e coñecemento de nós mesmas, e que facilita os vínculos de bo trato con unha mesma e cos demais. Un obradoiro feito desde o marco da Terapia do Reencontro>>

Para máis información: monsibran@gmail.com – 633040927