21 Mai Obradoiro “Os labirintos da separación”
Publicado ás 17:12h
en Eventos
Este vindeiro xoves 29 de maio, a asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo convoca un obradoiro para compartir experiencias de separación, facilitado pola nosa compañeira Tareixa Ledo Regal.
Será un espazo para mulleres que viviron unha separación, independentemente do tempo transcorrido, que estean nese proceso ou que pretenden abordalo.
Que nos pasa (ou nos pasou) no proceso de separación?
Como vivimos iso de ter un ex “ás portas”?
Que sucede coas nosas crianzas?
Que me funciona e que non me funciona?
Coma sempre, traballaremos desde os conceptos e prácticas da Terapia do Reencontro.
Máis información no seguinte enlace: Os labirintos da separación Vigo