Obradoiro en Compostela: Relacións afectivas e vínculos amorosos para o Botrato

A compañeira Tareixa Ledo Regal ofrece un novo Obradoiro sobre Relacións Afectivas e vínculos amorosos para o Botrato, que terá lugar en Compostela a partir do mes de novembro.

Descríbeo coas seguintes palabras:

un espazo vivencial teórico-práctico para mulleres

– un espazo para ver como me coloco nas miñas relacións: constrúo relacións que me desgastan e me sacan enerxías ou vínculos que me fan ben e me nutren?

– achegarémonos aos dinamismos dos procesos amorosos: a sedución, a fusión e a separación, o equilibrio entre dar e recibir…

– comprenderemos a diferencia entre namoramento e amor realista, e tamén entre amor particular e amor universal.

Queremos ver como colocarnos en relacións de botrato e saber construír proxectos de amor para as nosas vidas.

Pódese consultar outras informacións de interese, no seu blogue:

https://reencontrogaliza.wordpress.com/2024/10/19/obradoiro-de-relacions-afectivas-e-vinculos-amorosos-para-o-botrato-compostela/