Obradoiro dirixido a homes en Ourense

A nosa compañeira Berta Vega Villaamil, pedagoga, sexóloga e Terapeuta do Reencontro, ofrece o seguinte obradoiro para HOMES:

RELACIÓNS AFECTIVAS E VÍNCULOS AMOROSOS PARA O BOTRATO

Obradoiro vivencial teórico – práctico para homes

Traballaremos a maneira que temos de colocarnos nas relacións afectivas e se esa forma de vincularnos nos senta ben ou polo contrario non nos vai nada ben.

Aprenderemos o que é o espazo persoal e como habitalo, tamén o espazo compartido, que é o que quero compartir e de que maneira. o que nos seduce das persoas e a maneira que temos de seducir.

Como aprendemos a relacionarnos no amor a través da nosa socialización e tamén nos achegaremos aos procesos de desamor.

 

Lugar: rúa Concordia, 20, entrechán esquerda – Ourense

Datas: sábados 26 de abril, domingo 11 de maio, sábado 7 de xuño

Horario: 10.30h a 18h

Inscrición e máis información: vegaberta@gmail.com – 692802123