10 Abr Obradoiro de Mindfullness e Arteterapia en Vigo
A nosa compañeira Monstserrat Buxán, ofrece en Vigo un espazo vivencial para traballar o estrés dende a Arteterapia e o Mindfullness.
Así nos conta os seus contidos:
<<Identificar o estrés. Técnicas de respiración para poder utilizalas cando estamos nun momento estresante e dificultoso. Ferramentas, como ioga e arteterapia humanista, para alcanzar maior autocoñecemento de nós mesmos, e poder utilizalas cando precisemos delas. Traballaremos o darnos conta dos nosos pensamentos, emocións, e sensacións corporais. Darnos conta que non nos funciona cando estamos moi estresaods, e que nos funciona. Convertir o noso corpo nun radar, onde identificar plenamente cando está mal e ben, en lugares e con personas.>>
Será un día á semana durante os meses de abril, maio e xuño.
Máis info: monsibran@gmail.com – 633040927