O cáliz e a espada

Compartimos unha reveladora entrevista en Pikara Magazin a Raine Eisler, autora dun libro que nos encanta, “El Cáliz y la Espada. De diosas a dioses: culturas prepatriarcales”. Nel desenvolve un marco conceptual para comprender como as sociedades foron construíndo os roles de xénero e as relacións entre o que se define masculino e o feminino. As sociedades patriarcais foron artellando un sistema de dominación estrutural que se convirte na súa base e esencia. Non obstante, Eisler indaga na Historia para achegarnos a outro tipo de sociedades prepatriarcais asentadas en sistemas de colaboración, nas que a comunidade e a inclusión prevalecían fronte a competencia e a loita.

Como expresa na entrevista, fronte o “dominas ou es dominado”, hai outro tipo de poder para iluminar as nosas vidas… non podemos solucionar problemas co mesmo pensamento que os creou, por iso é importante recuperar a memoria doutras maneiras de ser en sociedade, porque o que cambiou unha vez pode volver a cambiar. O que foi, pode volver ser.

Lede a entrevista neste enlace:

“El sistema de dominación nos está llevando a su lógico final”