23 Mar Labirintos da vida cotiá
Labirintos da vida cotiá. Os cambio na vida.
Baixo este título, a nosa compañeira Berta Vega convídanos a un novo obradoiro que nos presenta así:
<<A vida é movemento. nada permanece intacto: unha mudanza, unha perda, unha separación, un novo traballo, un comezo que non agardabamos. As propias etapas vitais e os ciclos naturais amósannos que a transformación forma parte do camiño.
Os cambios ás veces sacoden, confunden e dóen. pero tamén abren fendas polas que entra a luz.
Quero convidarte a mirar cada cambio como unha oportunidade para escoitarte máis fondo, para recolocarte con delicadeza e soltar o que xa cumpriu o seu tempo.
Neste obradoiro, habitaremos un lugar seguro onde comprender o que nos acontece cando a vida se move. Intentaremos xuntas atravesar situacións laberínticas con máis conciencia e amabilidade, despedirnos sen quedarnos enganchadas, e abrirnos, agradecidas, ao novo que aparece>>
O obradoiro terá lugar en Ourese, os sábados 28 de marzo, 2 e 25 de abril e 9 de maio, en horario de 10:30 a 18h.
Para máis información vegaberta@gmail.com ou no tlf. 692 802 123