Heroes que coidan

Hoxe toca falar das novas masculinidades, desas novas maneiras posibles de ser e vivir como homes.

Pepe Cabido, licenciado en Filosofía e profesor de instituto ven facilitando espazos en diferentes centros educativos desde o ano 2014 para que os rapaces varóns de 14 a 16 anos podan repensar como expresarse sen violencia, para si propios e para as rapazas coas que entran en relación.

Para coñecer mellor o seu traballo, animámosvos a escoitar unha das súas comunicacións -neste caso coa socióloga Amada Traba- realizada en marzo pasado no Ateneo de Santiago ao redor de “Pornografía e igualdade”.

Ou tamén a entrevista en praza.gal (abril 2021) que recollemos aquí polo seu interese: “Son necesarios novos referentes: heroes que coidan, que dan vida, que amosan os seus sentimentos”.

Aquí vos deixamos os enlaces:

 

https://praza.gal/acontece/son-necesarios-novos-referentes-masculinos-heroes-que-coidan-que-dan-vida-que-amosan-os-seus-sentimentos