Fotobiografía para o autocoñecemento e o botrato

Para este outono, a compañeira Tareixa Ledo Regal convoca un novo obradoiro: 

A FOTOBIOGRAFÍA. Imaxes e historias do pasado para vivir con plenitude o presente.

Así nolo describe:

<<É un espazo vivencial teórico-práctico que vai comezar en Compostela a finais do vindeiro mes de outubro e que imos desenvolver ao longo de catro xornadas.

Coas fotos da nosa vida imos narrar a nosa historia para ver como nos fomos construíndo -como fomos construíndo a nosa identidade-, e comprender os nosos procesos (guións de vida, dós…) e os nosos xeitos de vincularnos. Un camiño para integrar e agradecer a nosa vida, e poñernos en paz con nós propias e coa nosa historia. Coma sempre, imos aprender dun xeito seguro e desde o botrato>>

En anexo aparecen as datas, a matrícula e outras informacións de interese: 

https://reencontrogaliza.wordpress.com/2026/09/07/obradoiro-de-fotobiografia-en-compostela/