Feminismos no tempo

Xa xogástes con Feminismos no tempo?

Trátase dun proxecto lúdico educativo que nace da necesidade de crear recursos educativos feministas en galego. Unha das súas creadoras é a nosa compañeira Noelia Darriba García que, xunto con Tania Merelas Iglesias e Raquel Veiga Teijeiro, impulsan este proxecto totalmente autoxestionado que nos permite recuperar a memoria das mulleres dende unha mirada interseccional poñendo tamén de manifesto a importancia da comunidade na defensa da terra, un tema moi presente no noso día a día.

O proxecto fórmano tres xogos de barallas protagonizadas por mulleres e xa leva circulando uns aniños:

En 2022 preséntase “Acontecementos que recolle as principais historias da historia do movemento feminista. En 2023 preséntase “Invisibilizadas, que recupera a memoria de mulleres que fixeron historia a pesar de ser silenciadas nos libros de texto. E por último, este Nadal de 2024 presentouse “Galegas a última proposta, centrada nos movementos e mulleres de Galicia.

A colección de 3 xogos permite coñecer a historia do feminismo desde unha perspectiva internacional e centrándose en Galicia. Cada xogo consiste en crear unha liña do tempo con 55 cartas sendo unha dinámica sinxela e áxil. Ademais o material do xogo pódese ampliar cun código QR -situado na folla de instrucións- que proporciona maior detalle sobre a información de cada carta.

Quen foi Hildegarda de Bingen?, Marianne Mozart? Simone Well? cando foi o descubrimento da anatomía completa do clítoris? Cando foi a primeira exposición dunha muller no Museo do Prado? Que significa as Espontaneadas? Quenes foron as Cigarreiras? A revolta das Mulleres do Marzal? As mulleres das Encrobas?

Xogando aprenderás estas e outras moitas cousa!

Animámoste a seguir o proxecto a través das súas redes @feminismosnotempo e xa sabes,

non perdas o tempo e ubícate no feminismo!!!