Esta primavera trae novos obradoiros

En Santiago de Compostela, Tareixa Ledo Regal ofrece un moi esperado obradoiro: A RELACIÓN COA NAI. Sobre el cóntanos:

Sabedes que o vínculo coa nai é un vínculo que ás veces non é doado; falámolo en moitas ocasións nos obradoiros… Coa nai aprendemos a vincularnos no resto das nosas relacións. Tamén na relación coas nosas fillas e fillos. Estea viva ou xa falecida, precisamos revisar ese pacto inconsciente que establecemos coa nosa nai. Precisamos recolocarnos na relación con ela, para poder estar en paz con nós mesmas, para aceptarnos coma completamente valiososas, capaces de amar e de ser amadas. Para poder recoñecer e honrar ás nosas ancestras, e crear alianzas con outras mulleres. Para facer as maternaxes que decidamos na nosa vida e vivir os vínculos desde o pracer e o Botrato.

Esta é unha viaxe cara á nosa autonomía, para vivir como as mulleres adultas que somos: desde nós mesmas, facéndonos cargo da nosa vida, en liberdade! É unha fermosa viaxe que faremos desde o corazón, escoitándonos, con amabilidade e respecto ao noso ritmo. Unha fermosa viaxe cara a nós mesmas…

En Ourense, Berta Vega Villaamil convoca un obradoiro vivencial teórico – práctico de AUTOCOÑECMENTO PARA O CAMBIO, que presenta da seguinte maneira:

Un obradoiro no que construiremos xuntas un espazo seguro e de botrato onde poder escoitarnos, un espazo onde permitirme parar e poder sentirme. Aprenderemos algo tan sinxelo como o importancia da respiración na miña vida, o espazo que eu ocupo nela e como quero ocupalo. De que maneira eu me coloco nas miñas relacións, como me falo, como eu me trato. Neste obradoiro vamos a traballar co corpo e desde o corpo, porque este, sempre leva a razón. Vamos a aprender a escoitalo para poder acompañarnos da mellor maneira posible. Porque temos dereito a estar ben.

 

Nos cartaces tedes as datas das sesións e outras informacións de interese.