27 Mai Espiritualidade
Mai Insua, referente feminista na Galiza, psicóloga formada en Terapia do Reencontro que moitas de vós coñecedes, invítanos a un novo podcast en vivo. Desta volta será a nosa compañeira Tareixa Ledo Regal a protagonista para falar ao redo da Espiritualidade.
Vai ser o vindeiro sábado 30 de maio ás 18h na Casa do Taberneiro en Compostela (barrio de San Pedro).
Mai invítanos desta maneira: “Ven, que todas imos sair de aí cun espazo mental máis grande. Vai ser unha oportunidade de soltar lastre e reapropiarnos da espiritualidade como dimensión humana que nos pertence, para vivila como escollamos.”
Quen se pode resistir a tal invitación?
Se queres ver outros episodios de Prendidísima, podes entrar nas seguintes ligazóns. Pagan moito a pena!
Youtube – https://youtube.com/@
Spotify – https://open.spotify.com/
Ivoox – https://go.ivoox.com/sq/