20 Mai Escoitar, Acompañar, Bentratar
A nosa benquerida e referente Fina Sanz Ramón, ven de publicar o seu novo libro Escuchar, Acompañar, Bientratar, como sempre de man da Editorial Kairós. Está acompañada no prólogo por Roxanna Pastor, e no epílogo por María Huertas Zarco. Nesta obra aborda o tema da escoita como ferramenta terapéutica, e vai debullando ideas e prácticas que leva anos explorando nos talleres que imparte denominados “Escoita terapéutica ou o desenvolvemento do corazón compasivo”. Todas as persoas necesitamos sentirnos escoitadas, pero, sabemos escoitar? Onde se nos ensina? A escoita revélase como un arte, no que podemos traballar e aprender a colocarnos para que poda volverse fonte de curación e transformación. Escoitarse a unha mesma/o, escoitar á outra/o, escoitarnos no social, escoitar os corpos, a natureza… e facelo dende a apertura do corazón. Este libro presenta o camiño para un modelo de escoita terapéutica, empática e compasiva, co que construír relacións de Botrato e igualdade. Moi recomendable a súa lectura pausada e sentida.