
30 Xan Diso non se fala
Neste comezo de ano, facémosvos unha proposta auditiva que amosa como existen pequenas revolucións que poden ir transformando a nosa realidade:
“De eso no se habla”
https://deesonosehabla.com/episodios/jornaleras-cara-b-ana/
Trátase dun episodio dun podcast de non ficción narrativa, a medio camiño entre a crónica, o ensaio e o documental, dirixido pola escritora e documentalista sonora Isabel Cadenas Cañón, titulado «Ana, cara b».
En maio do ano 2021, unha grupo de xuristas, xornalistas, activistas e realizadoras, embárcanse nunha viaxe como brigada de observación feminista para coñecer como viven e traballaban as xornaleiras das fincas de froitos vermellos de Huelva. É o lugar do estado español que máis froita exporta, e que, paralelamente, máis man de obra barata importa.
A partir desa viaxe nace este podcast, que trata de unir os puntos entre os silencios persoais e os silencios colectivos. Isabel Cadenas documenta durante dous anos o traballo dun grupo de xornaleiras que se organizan para apoiar e axudar a outras. Unha historia de coidados, de resistencia, de cooperación, de dignidade... que constitúe unha loita tamén por outro modelo de agricultura.
A protagonista é Ana, que pon no centro o importante que é que nos preguntemos como estamos, como están os nosos corpos, como está a nosa saúde mental, emocional… o adentro… porque todo isto importa tanto como a loita en si, o afora.
Os nosos corpos son o noso territorio, campo de transformación e loita pero tamén de coidado e Botrato.