Confiando nas nosas emocións

A nosa compañeira Tareixa Ledo Regal ofrece un novo obradoiro que levabamos tempo agardando:

CONFIANDO NAS NOSAS EMOCIÓNS

Compostela – sábados 25 de outubro, 8 e 22 de novembro.

Na convocatoria cóntanos:

“No noso día a día invádennos emocións incómodas que nos parecen inadecuadas: a tristura, a decepción, o enfado, a desgana… a soidade, o baleiro, a impotencia… Bloqueamos o noso corpo, conxelámonos por dentro para tapar e evitar sentir, e outras veces desbordámonos sen saber manexar o que sentimos. Todo iso provócanos sufrimento e falta de vitalidade.

Neste espazo imos parar a escoitar con calma esas nosas emocións que piden atención e espazo e miralas con tenrura. Imos aprender a sentilas, a recoñecelas con paz e a deixalas ir… Unha ruta de autocoñecemcento desde a comprensión, a aceptación e a confianza no que sentimos en cada momento. Unha ruta para liberar o noso sufrimento e entrar en contacto coa nosa forza vital, coa Vida que vive en nós”

Para ter máis información e anotarse: https://reencontrogaliza.wordpress.com/2025/10/01/confiando-nas-nosas-emocions-obradoiro-en-compostela/