23 Out Colaxe e literatura feminista
Encántanos a proposta de obradoiros que nos chega da man do proxecto amigo Árbore Azul, que integra creatividade, mirada de xénero e autocoñecemento.
Na Terapia do Reencontro dámoslle a benvida a todas a aquelas ferramentas que nos fan conectar con nós mesmas, cos nosos corpos e sentires, para abrir unha canle amorosa e coidada de autocoñecemento e expresión, polo que non podemos deixar de recomendar a proposta.
Así nos describe Árbore Azul os obradoiros:
<<Catro encontros ao longo do ano para explorar a túa creatividade e reivindicar a igualdade a través da literatura e dunha técnica na que todo é posible: a colaxe!
Un encontro cada dous meses nos que afondaremos en diversos textos e acontecementos da natureza e do movemento feminista para conectar con nós e estimular a creatividade.
OBXECTIVOS
Crear un espazo seguro no que todas as persoas se sintan cómodas, escoitadas e libres para poder expresar.
Fomentar a creatividade mediante a combinación de colaxe e literatura, promovendo a expresión persoal.
Facilitar o acceso a ferramentas creativas que permitan ás persoas participantes desbloquear as súas habilidades artísticas.
Crear un espazo de encontro e colaboración entre as participantes, fomentando o intercambio de ideas e experiencias.
Celebrar a arte e a literatura como instrumentos de transformación e empoderamento.
DURACIÓN
4 sesións con contidos e dinámicas diferentes de 2 horas cada unha.
Podes asistir a todas as sesións ou de forma independente.
HORARIO E LUGAR
Un sábado pola mañá cada dous meses de 11.30 a 13.30 horas
8 novembro, 10 xaneiro, 14 marzo e 9 maio
Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa 7, Santiago de Compostela)>>
Busca máis información nas redes:
@arboreazul
@librarialiladelilith
Ou escribindo a ola@arboreazul.gal / liladelilith@gmail.com