25 Nov Coidar do colectivo para coidar a vida
Publicado ás 13:54h
en Recomendacións
Compartímosvos hoxe unha nova convocatoria formativa: IIª Edición do Curso Anual de Facilitación de Grupos.
A mirada do Traballo de Procesos e a Facilitación de Grupos, leva xa varios anos percorrendo á nosa xeografía, abordando o relacional como espazo de (auto)exploración e (re)encontro. Nesta ocasión volve de mans de Subúrbia e Amigas da Terra. Así nos presenta a proposta:
“A colectiva de facilitación e formación con mirada interseccional Subúrbia e a organización ecoloxista Amigas da Terra, comprometidas cun cambio de paradigma no noso modelo de
relacionarnos, organizan a segunda edición do curso de facilitación de grupos acreditado polo IIFACe.
Este curso estrutúrase en 8 módulos (7 presenciais + 1 online) que terán lugar entre xaneiro e xuño de 2026 nos espazos de A Casa Vella (Allariz) e Eco dos Teixos (Valdeorras), entornos de natureza e benestar na provincia de Ourense (Galiza)”
Se vos interesa, podedes consultar o dossier completo e toda a información na web
https://amigasdaterra.net/