12 Dec Coidados e igualdade
Publicado ás 12:44h
en Eventos
Raíces Feministas é un proxecto de formación feminista avanzada para previr as violencias machistas e xerar un cambio de paradigma no rural, organizado polo Sindicato Labrego Galego e financiado pola Deputación de Pontevedra. No marco do seu encontro final, a nosa compañeira Tareixa Ledo facilita un espazo:
Obradoiro de Igualdade no Coidado das Crianzas
Terá lugar no Centro Cultural de Paraños (Covelo) o día 16 de decembro ás 16h.
Máis información e inscricións no 671316410.