Así nacemos: ilusionadas, cantando e rodeadas de aliadas

O pasado 27 de outubro tivemos a nosa presentación pública na Libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela. Contamos coa participación de Fina Sanz Ramón, que fixo un percorrido por toda a súa obra e resaltou os piares da Terapia do Reencontro dende os seus inicios. A compañeira Noelia Darriba García presentou e coordinou o acto, e Tareixa Ledo Regal relatou como se foi xestando a TRG e o sentido co que nace.

Contamos con Verónica, Uxía e Inés que nos arropuparon coas súas voces e pandeiretas, e moitas, moitas aliadas que se achegaron a celebrar con nós. Foi unha tarde chea de reencontros, abrazos e sorrisos, para facer do Botrato un camiño colectivo no que seguir atopándonos e construíndo…

E, como non podía ser doutra maneira, rematamos cantando xuntas e festexando.

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,Tan igual a min e tan distinta,Dáme a man e faremos cordada,Ven comigo, miña camarada,Todas xuntas non temos fronteira,Ven comigo, miña compañeira.

(Voz das Amigas, Leilía)