AS PROFESIONAIS que integramos parte da Asociación estamos todas formadas en Terapia do Reencontro; é dicir, realizamos o Máster 1 de “Autocoñecemento, Sexualidade e Relacións Humanas en Terapia do Reencontro” (2 anos) e o Máster 2 de “Educación Sexual para a Saúde Comunitaria e Terapia Sexual” (2 anos) ou equivalentes.
Ambas formacións son impartidas a través do Instituto de Terapia do Reencontro e están avaladas oficialmente pola “Federación Española de Sociedades de Sexología” (FESS) e pola “Asociación Mundial de Saúde Sexual” (WAS).