As negociacións nosas de cada día

A nosa compañeira Tareixa Ledo Regal convídanos a un novo obradoiro;

AS NEGOCIACIÓNS NOSAS DE CADA DÍA

Un espazo vivencial teórico-práctico para mulleres que vai comezar en Compostela este vindeiro mes de abril.

Na parella, no traballo, nas relacións familiares, de amizade, de veciñanza ou de participación social, xorden diferenzas que nos desorientan, nos desbordan; situacións que producen conflitos e crises… Eu quero isto e ti queres aquilo… Eu preciso aquí e ti precisas alá…

Cales poderían ser os camiños da negociación para respectarme no que eu necesito e quero, e a un tempo respectar tamén ás persoas coas que convivo?

Neste obradoiro imos ver como manexar estas situacións para entrar nas negociacións no noso día a día. Necesito identificar o que quero e o que non quero, o que me fai ben e o que me manca… Preciso aprender a poñer  límites claros para estar cómoda nas relacións, aprender a dicir o “si” e aprender a dicir o “non”. Trátase de estar comigo e estar ben. E tamén estar contigo e estar ben.

Datas, matrícula e outras informacións de interese, no seguinte enlace:

https://reencontrogaliza.wordpress.com/2025/03/12/obradoiro-as-negociacions-nosas-de-cada-dia/