ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TERAPIA DO REENCONTRO

A ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TERAPIA DO REENCONTRO é unha organización de carácter asociativo de ámbito galego.

A nosa misión é favorecer a nosa coordinación como profesionais para fomentar todo tipo de propostas e actividades relacionadas coa Terapia do Reencontro, sempre na procura de promover o crecemento persoal e colectivo desde o Botrato e para o Botrato.

As nosas actividades desenvólvense principalmente no noso territorio, aínda que ocasionalmente realizamos actividades tanto a nivel estatal como internacional.