19 Feb Novo Obradoiro en Compostela: A Fotobiografía
A nosa compañeira Tareixa Ledo Regal convoca un novo obradoiro en Compostela:
A FOTOBIOGRAFÍA. Imaxes e historias do pasado para vivir con plenitude o presente.
Será un espazo vivencial teórico-práctico que vai comezar a finais do vindeiro mes de marzo e que se vai desenvolver ao longo de catro xornadas.
Así nolo describe Tareixa na convocatoria:
<<Coas fotos da nosa vida imos narrar a nosa historia para ver como nos fomos construíndo -como fomos construíndo a nosa identidade-, e comprender os nosos procesos (guións de vida, dós…) e os nosos xeitos de vincularnos.
Un camiño para integrar e agradecer a nosa vida, e poñernos en paz con nós propias e coa nosa historia.
Coma sempre, imos aprender dun xeito seguro e desde o botrato>>
Para consultar datas, matrícula e outras informacións de interese: