A FOTOBIOGRAFÍA

A compañeira Berta Vega Villaamil, convídanos a emprender un camiño de autocoñecemento a través da fotografía, a traves do obradoiro teórico – práctico denominado A FOTOBIOGRAFÍA. Describímolo a través das súas palabras:

<<Este obradoiro ofréceche un espazo seguro e de botrato. Un tempo para ti onde poder observar o percorrido da túa vida. Como te construíches como persoa.

A Fotobiografía é a descrición da túa historia a través da escolla de fotos, propias e alleas, que amosa a recapitulación do que sería “o álbum da túa vida”, relatando acontecementos, emocións e feitos importantes que foron construíndo o que ti es, a túa identidade, os teus guións, a túa forma de vincularte.

Coa Fotobiografía podemos ler os corpos, ler a historia das persoas, profundar no autocoñecemento e os estados emocionais>>

 

O obradoiro terá lugar en Ourense os sábados 6 e 22 de marzo, e 12 de abril.

Para máis información e inscrición: vegaberta@gmail.com – 692 802 123