27 Set
Publicado ás 11:08h
en Eventos
A nosa compañeira Berta Vega Villaamil, ofrece para este outono o obradoiro Vínculos afectivos e relacións amorosas para o botrato.
Terá lugar en Ourense os sábados 26 de outubro, 9 e 23 de novembro e 14 de decembro.
Na convocatoria, Berta cóntanos:
<<Este obradoiro ofrece un espazo seguro onde poderemos observar como nos colocamos nas relacións afectivas, de que maneira nos vinculamos e se a forma de facelo nos produce benestar ou malestar.
Falaremos do botrato e maltrato, do espazo persoal e como habitalo, do espazo compartido, de como seducimos e que nos seduce, dos modelos aprendidos de relacións amorosas e tamén nos achegaremos aos procesos de desamor>>
Consulta máis información no cartaz e inscríbete antes do 21 de outubro!