
19 Set Obradoiro “Construíndo as nosas vidas cara ao Botrato”
A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca unha Xornada baixo o título Abrindo novos camiños contra a violencia de xénero. Nela, a compañeira Tareixa Ledo Regal imparte o obradoiro: “Construíndo as nosas vidas cara ao Botrato”.
Neste espazo traballarase fundamentalmente o Contrato de Botrato, unha marabillosa ferramenta para pensar e decidir as nosas vidas con intelixencia e desde o corazón.
Vai ser en Vigo este próximo xoves 3 de outubro, de 17h a 20h. O espazo é de balde, pero se tés interese cómpre inscribirte canto antes porque as prazas son reducidas.
Para máis información, mira a convocatoria ou fai click aquí: https://reencontrogaliza.